Beneficios locais
O Proxecto de wolframio San Juan busca xerar valor para o territorio onde se desenvolve. O noso obxectivo é que a actividade mineira contribúa ao desenvolvemento económico e social de Galicia, da provincia de Ourense e do municipio de A Gudiña, creando oportunidades de emprego e actividade empresarial na zona.
Nunha rexión que – como moitas zonas rurais de España, se enfronta a desafíos como o envellecemento da poboación e a falta de oportunidades laborais – proxectos industriais responsables poden desempeñar un papel importante para dinamizar a economía local.
O proxecto aplica unha política de contido local, priorizando a contratación de empresas, provedores e profesionais da rexión sempre que sexa posible. De feito, os primeiros traballos xa foron adxudicados a empresas de Ourense con experiencia no sector, contribuíndo así a fortalecer o texido empresarial local.

“Europa necesita materias primas, pero os proxectos mineiros tamén deben xerar beneficios reais para as comunidades locais. En San Juan queremos combinar ambos obxectivos.”
Roberto García Martínez, conselleiro delegado de Eurobattery Minerals AB
Ademais do impacto económico, o proxecto mantén unha relación activa coa comunidade. Participamos en diferentes iniciativas sociais, colaborando cas organizacións locais e apoiando proxectos que contribúen ao benestar da comunidade, como actividades sociais, deportivas e educativas.
O desenvolvemento do proxecto tamén ten en conta a protección da contorna natural e do patrimonio cultural, incluíndo a realización de estudos arqueolóxicos e medidas específicas para protexer os recursos naturais, especialmente os recursos da auga.
Exemplos concretos de accións e compromisos
- Traballar con empresas e provedores da rexión, fortalecendo o tecido empresarial local e creando valor económico no territorio.
- Colaborar con organizacións sociais locais, como a Cruz Vermella, apoiando iniciativas comunitarias.
- Apoiar a integración social, por exemplo, facilitando clases de español para persoas inmigrantes na zona.
- Respaldar iniciativas económicas locais , como apoio a apicultores da rexión.
- Apoiar o deporte local, patrocinando equipos e actividades deportivas da comunidade.
- Ofrecer apoio loxístico en situacións de emerxencia, como durante os incendios forestais que afectaron á rexión no verán do 2025.
- Respectar e preservar o patrimonio cultural, realizando estudos arqueolóxicos antes de calquera intervención no terreo.
- Promover o coñecemento sobre a minería moderna e responsable, participando en actividades educativas e visitando centros escolares para explicar ao estudantado como funciona a minería actual e a súa importancia para a sociedade.
O noso compromiso é que o Proxecto San Juan sexa unha oportunidade de desenvolvemento para o territorio, combinando actividade económica, respecto pola contorna e colaboración coa comunidade local.
