Restauración e peche
A restauración das zonas afectadas pola minería é un dos aspectos máis importantes de calquera proxecto mineiro moderno. Tamén é un ámbito no que, historicamente, a minería en moitas partes do mundo non sempre se xestionou correctamente. No pasado, numerosos proxectos finalizaron a súa actividade sen plans adecuados de recuperación da contorna.
Hoxe en día, esta realidade cambiou profundamente. A lexislación europea e española establece normas moi estritas que obrigan a planificar, executar e supervisar a restauración ambiental dende o inicio do proxecto.
Na minería moderna, a restauración non é unha actividade que se realiza unicamente ao final da vida da mina. Trátase dun proceso continuo que acompaña todas as fases do proxecto. A medida que determinadas zonas deixan de utilizarse para a explotación, comezan os traballos de recuperación do terreo, reducindo progresivamente a superficie afectada.
A protección da biodiversidade tamén é un elemento central deste enfoque. O obxectivo non é só recuperar o terreo, senón favorecer a rexeneración dos ecosistemas locais e, cando sexa posible, contribuír a mellorar a biodiversidade da contorna.
Entre as principais medidas previstas no Proxecto San Juan inclúense:
- Restauración progresiva das zonas explotadas, reducindo a superficie de terreo alterado en cada momento.
- Retirada e almacenamento controlado da capa superior do solo (terra vexetal) antes das labores mineiras, para reutilizala posteriormente na recuperación do terreo.
- Remodelación do terreo e estabilización de taludes para integralos de forma natural na paisaxe circundante.
- Revexetación das áreas restauradas utilizando especies vexetais autóctonas, favorecendo a recuperación do ecosistema local.
- Control da erosión mediante a recuperación da cuberta vexetal e sistemas de drenaxe adecuados.
- Protección dos hábitats e da biodiversidade local, evitando afeccións a especies ou zonas de especial valor ecolóxico.
- Seguimento ambiental continuo para comprobar a evolución das áreas restauradas e aplicar medidas correctoras se fose necesario.
- Programas de vixilancia ambiental que inclúen inspeccións periódicas, informes técnicos e rexistros fotográficos para documentar a evolución da restauración.
O obxectivo final é que, unha vez finalizada a actividade mineira, o terreo poida integrarse novamente na paisaxe e recuperar funcións compatibles ca contorna natural do territorio.
O Proxecto San Juan aspira a demostrar que a minería moderna pode desenvolverse de forma responsable, combinando innovación tecnolóxica, respecto pola contorna e colaboración coas comunidades locais.
