Minerais responsables para o futuro de Europa
Eurobattery Minerals AB é unha empresa mineira europea centrada na exploración e desenvolvemento de minerais críticos esenciais para a transición enerxética e o desenvolvemento tecnolóxico. A compañía cotiza no Nordic Growth Market da Suecia (BAT) e na Bolsa de Stuttgart (EBM).

O grupo traballa principalmente con minerais clave como níquel, cobalto, cobre e wolframio, fundamentais para sectores como os vehículos eléctricos, as enerxías renovables, a electrónica avanzada e outras tecnoloxías estratéxicas.
Minería responsable en Europa
Eurobattery Minerals promove un modelo de minería responsable, baseado en altos estándares ambientais, sociais e de gobernanza (ESG). O obxectivo é desenvolver proxectos mineiros transparentes, seguros e respectuosos ca contorna e as comunidades locais.
“Un grupo europeo comprometido co subministro responsable de minerais críticos.”
A compañía aposta por producir materias primas estratéxicas en Europa para Europa, contribuíndo a reforzar a seguridade de subministro e a autonomía industrial do continente.
Proxectos en Europa
Eurobattery Minerals desenvolve actualmente proxectos en distintos países europeos, entre eles:
- Proxecto Hautalampi en Finlandia, centrado na produción de níquel, cobalto e cobre.
- Proxecto San Juan en España, orientado á produción de wolframio.
A través destes proxectos, a compañía busca contribuír ao desenvolvemento dunha cadea de subministro europea máis segura e sostible para minerais estratéxicos.
A forma nórdica de facer as cousas (Experiencia nórdica ao servizo de Galicia)
Eurobattery Minerals é unha empresa sueca con raíces na rexión nórdica, onde a actividade mineira baséase nunha cultura de transparencia, diálogo e confianza. Este enfoque reflíctese na forma en que se desenvolven os proxectos e na relación coas comunidades, as institucións e os socios industriais. Agora, coa nosa presenza en A Gudiña, queremos complementar ese enfoque con valores locais tan presentes en Galicia como o arraigo no territorio, a cultura de traballo e coñecemento práctico, o traballo serio sen ruído, a resiliencia e o compromiso coas comunidades locais e a contorna medioambiental, moitos deles, moi próximos á realidade escandinava.
Transparencia e colaboración
Compartimos información de forma aberta e leal con comunidades e institucións. Buscamos traballar con empresas e provedores da contorna sempre que sexa posible, contribuíndo a fortalecer o tecido económico da comarca.
Diálogo co territorio
Escoitamos activamente ás partes interesadas e fomentamos unha interacción construtiva co territorio, mantendo unha relación próxima coas comunidades e co tecido social do municipio.
Confianza
Traballamos dentro de marcos regulatorios estables que permiten desenvolver proxectos sólidos e responsables.
Visión a longo prazo
Apostamos por proxectos que xeren valor duradeiro e beneficios compartidos para as comunidades e a industria europea.
Cultura do traballo
A tradición industrial e mineira de Galicia xerou marcas e xeracións de profesionais con experiencia, coñecemento técnico e compromiso co traballo ben feito de relevancia internacional.
Poden ler máis sobre Eurobattery Minerals aquí: https://eurobatteryminerals.com/en/
Impacto económico e emprego no territorio
O desenvolvemento do Proxecto San Juan representa tamén unha oportunidade para dinamizar a economía local e contribuír ao desenvolvemento da contorna de A Gudiña e da comarca. A posta en marcha da actividade mineira implicará a creación de emprego directo e indirecto, así como a xeración de novas oportunidades para empresas e provedores locais vencellados a servizos industriais, transporte, mantemento ou subministros.
A experiencia doutros proxectos mineiros en Europa demostra que este tipo de iniciativas pode ter un efecto tractor sobre o tecido económico do territorio, favorecendo a actividade empresarial e contribuíndo a fixar poboación en zonas rurais.
O proxecto San Juan aspira a integrarse nesta dinámica positiva, fomentando a contratación local sempre que sexa posible e promovendo a colaboración con empresas e profesionais da zona. Deste xeito, a actividade mineira busca converterse nun motor adicional de desenvolvemento económico e social para A Gudiña e á súa contorna.
